Na Coruña Contas

Volver

Reforzo do parking disuasorio de Lonzas

Anibal_exp Anibal_exp  •  01/05/2019  •  Toda a cidade  • 

Parada aparcamento disuasorio de Lonzas
Parada aparcamento disuasorio de Lonzas

Código proposta de investimento: 1873

O parking disuasorio necesita ter unha marquesina de boa dimensión que acolla o futuro transito de persoas, indicadores de frecuencias, mapa de rutas, iluminación adecuada e por suposto lineas directas e outras con maiores frecuencias. Sen estas melloras o parkins seguirá a funcionar como aparcodoiro de barrio estando continuamente infrautilizado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jesus

    Estás moi no certo Diego. Hai que darlle 'publicidade' tanto dentro da cidade como cara a fóra. Quizais estaría ben engadir puntos de recarga de vehículos eléctricos, aumentar as frecuencias de buses ou crear unha liña especial directa ata o centro ademais de engadir sinalización vertical e cartaces.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos