Na Coruña Contas

Volver

Arranxar al escaleiras de Rúa Santan Cecilia

coraline coraline  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1744

As escaleiras de Santa Cecilia están nun estado de deterioro avanzado. Calquera pode escorrentar fácilmente ou prender un pé e caer a rolos. 

Unha das partes, a esquerda según se baixa, está en cemento e algúns escalóns teñen unha altura pouco adecuada.

Solicito revisión, e propoño unha adecuación a un modelo máis utilitario e adecuado ao entorno.

Tamén solicito revisión do pavimentos de acceso, que ten un aspecto empobrecido polas múltiples obras realizadas, e verde, debido a humidade.

 

Moitas gracias.

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos