Na Coruña Contas

Volver

Mobiliario urbano na Rúa Marola

yago yago  •  25/04/2019  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1741

Peatonalizouse a rúa da Marola para a seguridade e comodidade de todas as persoas veciñas. Ben feito! fixemos ata unha festa! O asunto é que ainda hoxe a rúa non conta con ningún tipo de mobiliario urbano. Increíble pero certo, non hai unha papeleira, ningún banco que invite a sentarse, ningún elemento natural que a faga máis amable. A proposta é dotar a rúa da Marola deste mobiliario e humanizala un pouco: papeleiras; bancos ou cadeiras para poder descansar e falar; algún elemento natural, árbusto, árbore ou testo ou unha combinación deles. Pouca cousa e orzamento e moita ganancia para as persoas. Ainda que os vehículos que aparcan nos garaxes desta rúa precisan ter acceso, queda espazo de sobra para incorporar este pequeno mobiliario urbano e facer, de verdade, unha rúa para as persoas grandes e pequenas que todos os días pasamos camiñando por alí e agradecemos a súa peatonalización.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos