Na Coruña Contas

Volver

HUMANIZACIÓN ZONA AXARDINADA DAS CASAS DE FRANCO NA RONDA DE OUTEIRO

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Distrito 9  • 

Paseo Sant Joan de Barcelona
Paseo Sant Joan de Barcelona

Código proposta de investimento: 1724

O espazo axardinado situado entre as casas de Franco e a Ronda de Outeiro atópase infrautilizado. A proposta implica a actuación no mesmo seguindo un esquema similar ó empregado na reforma do Paseo de Sant Joan de Barcelona. Respectaríase o arborado actual, de gran porte, que supón unha barreira acústica e visual entre o tráfico e as vivendas, pero eliminaríanse os parterres cercados actuais. Crearíanse zonas de estancia con  mobiliario urbano, permitindo un maior uso e desfrute do espazo, plantaríanse zonas de arbustivas e un pavimento intercalado que permita o crecemento de vexetación e incrementaría a segregación respecto ó tráfico. 

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta está razoada e é compatible co sitio. Trátase de espazo público cun deseño non adecuado ás necesidades e uso actuais que é susceptible de cambio e mellora. Considérase viable a transformación dos parterres existentes nun espazo máis contemporáneo. O arborado existente require dun estudo biomecánico específico e a proposta require un proxecto de execución." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos