Na Coruña Contas

Volver

COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA OU MONUMENTO EN HONRA A INÉS DE BEN

A. Martínez A. Martínez  •  25/04/2019  •  Toda a cidade  • 

María Pita
María Pita

Código proposta de investimento: 1708

Colocación dunha placa conmemorativa ou monumento en honra a Inés de Ben (e o resto de cidadáns da Coruña que a defenderon do ataque dos ingleses).Temos unha heroína local (María Pita), que levantou os ánimos e tivo un papel innegable na defensa e salvación da cidade, mais paréceme importante recoñecer a outras persoas que colaboraron nesta contenda e non obtiveron o recoñecemento merecido, como recolle o artigo enlazado.O investimento sería mínimo, unha placa ou escultura que permita recoñecer a estas persoas ás que a historia esqueceu ou non tratou como merecían.

Localización: http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2017-05-06/ines-ben-heroina-francis-drake_1377424/

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos