Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

REPARACIÓN/MELLORA DO ENLOUSADO DA CIDADE VELLA

19/04/2018  •  dcalvobarca  •  Distrito 10

O estado do firme de calquera das rúas da Cidade Vella é precario. Por estética pero sobre todo por seguridade hai que atallar este problema. Cando chove e cando realmente se ven: lousas a diferentes alturas, lousas que se moven, fochancas. En cadeira de rodas ou cadeira para bebés e unha odisea moverse. Tacón e sinónimo de esguince no Distrito 10. Se realmente queremos ter un caso antigo do cal estar orgullosos e aproveitando a inminente peatonalización, e o momento de investir unha boa partida para isto. 

ARBORADO EN DURMIDEIRAS

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 10

Ampliación do arborado no barrio, nomeadamente na contorna do Mercado, aproveitando a reforma da zona coa futura actuación de renovación do mesmo.

Dsebrozar e limpar a baixada a durmideiras

09/05/2018  •  lsfernandez  •  Distrito 10

Baixando a durmideiras pola beirarrua esquerda está cheo de silvas e broza. pido que se limpe esa zona.