Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
capelaatochas.jpg

Placa informativa sobre a antiga capela de Atocha

30/04/2018  •  Eloy Vázquez  •  Distrito 10

Xa hai uns anos que se descubriron e adecentaron os antigos restos da capela de Atocha, ao final da rúa San Xoán, na medianeira do edificio onde está O Lambón.

Esta capela xa existía no século XVI e foi derrubada en 1927. No 2013, ao derrubarse un pequeno edificio decimonónico, apareceu un dos muros laterais da igrexa, que se acedentaron ao tempo que se urbanizou o pequeno calexón ao que dan.

Mais sendo un dos poucos restos que fican do antigo barrio das Atochas, boto de menos algún tipo de panel ou placa (probablemente unha placa na propia parede sería máis resistente) que informe de que son estes restos, como parte da memoria do barrio.

Xa de paso, unha man de pintura para eliminar os lamentables grafitis que hoxe lucen os restos tampouco estaría mal.

 

ARBORADO DURÁN LORIGA

14/05/2018  •  luis2castros  •  Distrito 10

Plantación de árbores nos cruces de Durán Loriga coas vías perpendiculares á mesma (Alameda, San Blas e Santa Catalina).

Arbolado_cordeleria.JPG

Arbolado na rúa Cordelería

10/05/2018  •  agustin.valinho  •  Distrito 10

Co fin de humanizar na medida do posible e proseguir co incremento do número de árbores na nosa cidade, propoño a plantación de árbores na rúa Cordelería, concretamente ao longo da beirarrúa dereita en dirección á praza de Pontevedra.

Sería unha medida sinxela e barata, coa que se crearía un ambiente máis agradable nesa rúa, e de levarse a cabo non requeriría a eliminación de ningunha praza de aparcamento.