Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 6

Propostas de investimento non viables: Distrito 6

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Apertura da piscina

09/05/2018  •  anamoronho  •  Distrito 6

Apertura da piscina , para que o investimento feito ste o de agora non se desperdicie.

Humanización do espazo municipal existente detrás do grupo 3 nas vivendas Santa

13/05/2018  •  alfonsopalavea  •  Distrito 6

Detrás do grupos  3, un pouco de 14, lindando coa carretera que penetra nas vivendas do Grupo Santa Cristina hai un espazo no que se solicitou unha pista deportiva, solicitude rexeitada porque seique non todo o terreo era Municipal. Pero a parte municipal  da para poñer unhas mesas de pedra, algunha barbacoa ( tipo área recreativa) e arbolado.

IMG-20180422-WA0001.jpg

Finalización da beirarúa na Rúa Pedro Fernández en Pedralonga

22/04/2018  •  a.vv.pedralonga  •  Distrito 6

A Rúa de Pedro Fernández carece de beirarúa nun dos seus tramos que une o noso barrio cas paradas de autobús das liñas 1A, 20 e 22, polo que é primordial a finalización de dita beirarúa para que sexa un vial seguro para os peóns.

Reparacion piscina grande das instalacions deportivas da fabrica de armas

08/05/2018  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 6

Engadir unha sala de ximnasia e sauna

Cuberta vexetal lateral parque Eiris e posterior nº 5 Avda Lamadosa

24/04/2018  •  hadrian  •  Distrito 6

Esa zona atopase a cemento cara vista, creando unha estampa de feismo que poderia ser modificado con plantas trepadoras e macetas ubicadas nesta ladeira e que o mesmo tempo loite contra o risco de derrubamentos que xa teñen acontecido hai anos e seguen a acontecer

Adecentar o pasadizo que vai da Avenida de Oza a Rúa da Merced

18/04/2018  •  psexto  •  Distrito 6

Adecentar o pasadizo que vai da  Avenida de Oza a Rúa da Merced  ( Antigas Galerias Comerciais ) asi como  a instalacións de escaleiras mecanicas 

lamadosaaa.jpg

Adecentar PARQUE DE EIRÍS en la avenida de Lamadosa, Nº22

18/04/2018  •  jarg  •  Distrito 6

En el parque de Eirís hay un terreno abandonado justo al lado del edificio nº22 en la avenida de Lamadosa. El ayuntamiento creo que desconoce que dicho terreno le pertenece porque hasta hace poco lo usaba una casa que hay allí. 

Propongo que en ese terreno en el que ahora solo hay maleza y porquería que periódicamente cuando se corte la hierba en el parque de Eirís que tambien puedan cortar esa maleza y se pongan unos bancos o una pequeña área de recreo  para resguardarse de los días que hace viento en el parque, ya que prácticamente hace viento siempre. 

Propongo que ese área fuera adoquinada o de terrazo para que no hubiera que ir periódicamente a cortar la hierba.

Creación dunha biblioteca pública en Palavea

13/05/2018  •  alfonsopalavea  •  Distrito 6

Somos un barrio moi afastado.A biblioteca máis cercana é o Castrillón. Nesecesitamos unha dinamización cultural á que a biblioteca pode axudar.

Darlle solución a un terreo abandoado

14/05/2018  •  RB  •  Distrito 6

Hai un terreo abandoado situado na Rúa Antonio Ríos frente ao portal número 12. Está entre a Rúa Cerca e a Rúa Antonio Ríos. Se é de titularidade municipal, propoño facer un xardín. 

9644725515_4e18910035_b.jpg

Recuperacion do edificio sede do concello se Santa María de Oza

27/04/2018  •  miguel_1960  •  Distrito 6

É unha magoa que non se recupere este edificio. Non tanto polo seu interese arquitectónico como polo que representou.

A súa situación, con fronte ao parque de Oza é unha situación perfecta para destinalo a calquera uso público. O ideal será a adicalo a pequeno museo histórico do antigo concello de Santa María de Oza e da anexión co da Coruña