Na Coruña Contas

Volver

Completar o carril bici en el paseo marítimo

bolboreta1983 bolboreta1983  •  23/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 874

Hai un tramo no paseo marítimo, que vai dende a fonte dos surfistas ata un pouco antes do aquario, que non hai carril bici. 

Sobretodo os fin de semanas cando hai moita xente paseando resulta complicado poder ir coa bicicleta. Creo que hai espacio suficiente para poder facer un carril, aínda que sexa máis estreito do normal. 

De esta maneira estarían máis cómodos os viandantes ademáis dos ciclistas.

 

 

 

 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Proponse a execución dun carril bici desde a rotonda dos surfeiros, situada no paseo Marítimo Francisco Vázquez, ata o acuario Finisterrae. O trazado escollido é a traza do antigo tranvía da Coruña, actualmente sen uso, lado mar. Dada a localización eliminarase un carril de circulación en sentido Riazor (carril compartido coa traza do tranvía). A sección de firme para o novo carril bici será dunha vía de dobre sentido e 3 metros de ancho fóra do paseo marítimo, e separada por balizas e bolardos da calzada de vehículos. Dado que non se vai afectar á infraestrutura da vía do tranvía, proponse a instalación dunha xeomalla no carril lado mar, como protección da vía, e a execución dun pavimento MBC AC 16 SURF cun espesor de 5cm. Así mesmo, realizarase un fresado superficial no resto da vía coa fin de eliminar os defectos que presenta en forma de erosións e fochancas, e reposición da capa de rodaxe de 6 cm de espesor. A sección de firme proposto para o carril bici estará composta por unha vía de 3 metros de ancho e delimitada por bolardos e separadores de carril en toda a súa lonxitude. Devandito carril bici será unha vía de dobre sentido. Crearase unha nova rede de pluviais mediante sumidoiros en todo o carril bici. Realizarase un novo trazado en cruces e glorietas exentas á circulación de vehículos a motor. Realizarase unha nova sinalización horizontal e balizamento mediante bolardos reflectores flexibles que diferencien a vía da calzada vehicular, así mesmo instalarase nova sinalización vertical para pasos peonís e carril bici, incluíndo un reforzo e nova dotación para a actualización de instalacións semafóricas segundo a nova implantación. A valoración para a creación de 1038 ml de carril bici desde a fonte dos surfeiros situado no paseo Marítimo ata o acuario Finisterrae é de 250.000,00€ IVE incluído." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos