Na Coruña Contas

Volver

Restricción acceso vehículos ao Parque Santa Margarida por rúa Padre Sarmiento

Viciño Viciño  •  20/04/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 814

A entrada ao parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento áchase totalmente aberta, o que permite aos vehículos acceder sen control. Pasaron de estacionar na entrada do parque a facelo na contorna da Casa das Ciencias e despois a circular polo parque para achegar ás mesas cociñas, equipos de música, neveiras portátiles, bebidas, lonas... 

Propoño un sistema de barreira ou bolardos retráctiles que permita o acceso únicamente a vehículos autorizados (polícia, ambulancias, autocares de excursións escolares, limpeza) mediante unha tarxeta. En ocasións especiais (Día da Ciencia na rúa, romaría) podería desactivarse e reemplazarse por un garda. 

Deste xeito os usuarios do parque recuperariamos o noso espazo sen preocuparnos polos automóbiles que circulan por un espazo ao que teñen prohibida a entrada, e que algunhas persoas converteron na súa praza de aparcamento gratuita particular. 

Localización: Parque de Santa Margarida

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos