Na Coruña Contas

Volver

Asfaltado de Salgado Torres e Ramón y Cajal

Iván Seoane Iván Seoane  •  18/04/2018  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 707

Xa vai sendo hora de asfaltar ditas rúas, aproveitando que vaise reorganizar a rúa pola construción dos carrís bici fai falla un asfaltado de todo pra que non fique unha desfeita.

Localización: Toda a rúa Ramón y Cajal e parte de Enrique Salgado Torres (a que falta por asfaltar)

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos