Na Coruña Contas

Volver

Reforma Ramón y Cajal

martinag martinag  •  12/05/2018  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 1373

Esta avenida ubicada na principal zona comercial do centro da Coruña merece ser renovada, despois de soportar durante anos o transporte pesado do porto, esta chea de fochancas, sen arbolado, aceras feas e anticuadas. Ten moito movimento de persoas, turismo (hotel TRYP Coruña), coches e transporte público (o paso de peóns do hotel é un dos máis transitados da cidade) e porque será a futura conexión que recibe o AVE cara cidade vella.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: " A avenida de Ramón y Cajal é unha das arterias principais da cidade. O concello ten proxectada a reforma dos cruces coa avenida do Exército (Casa do Mar) e coa avenida Alcalde Pérez Ardá - Fernández Latorre para convertilos en glorietas que favorezan a mobilidade no seu conxunto. O tramo da avenida que une ámbolos dous puntos ten unha lonxitude duns 400 metros, que son os que serían obxecto da renovación. O custo estimado da renovación é de aproximadamente 2.000.000 de euros, o que excede amplamente do límite máximo establecido para este programa, polo que a proposta é inviable dentro dos Orzamentos Participativos." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos