Na Coruña Contas

Volver

ARBORADO NA MEDIANA DA RONDA DE OUTEIRO

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1606

A proposta consiste na plantación de arborado na mediana da Ronda de Outeiro nos tramos nos que sexa posible, nomeadamente no situado entre a Sagrada Familia e Vioño e na contorna de San Pedro de Visma/Peruleiro.

Proponse unha actuación similar á realizada na rúa Manuel Murguía entre a Ronda de Outeiro e Paseo de Ronda

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos