Na Coruña Contas

Volver

CARRIL BICI E PRANTACIÓN DE ARBORADO NA AVDA. DE FISTERRA

luis2castros luis2castros  •  14/05/2018  •  Distrito 9  • 

Código proposta de investimento: 1605

Trátase dunha vía na que se podería prescindir do aparcamento nunha das súas marxes (en moitas zonas xa non o hai actualmente) e implantar un carril bici para unir a área más poboada da cidade co centro.

Esta nova solución complementaríase coa instalación de novos elementos de arborado.

Informe de inviabilidade

A túa proposta foi declarada inviable segundo o seguinte informe técnico: "A Avenida de Fisterra é unha vía de trazado rectilíneo con forte pendente en descenso dirección entrada da cidade, franqueada por edificios e beirarrúas de ancho variable. A vía non dispón de aparcadoiro en superficie salvo en tramos moi específicos como son os cruces con Paseo das Pontes ou Rolda de Outeiro. A circulación na vía realízase a través dunha calzada de dobre sentido e un carril de circulación por sentido. Dada a xeometría da vía, e ao estar os límites da rúa fortemente definidos polas edificacións existentes, non é posible a implantación e ampliación de beirarrúas sen reducir os anchos de carrís existentes. Así mesmo, a implantación de novo arboledo que naturalice a rúa non é posible pola imposibilidade de ampliación de beirarrúas e a existencia de servizos soterrados en toda a lonxitude da vía. Cabe destacar que os edificios que franquean a vía son de media altura, polo que as horas de luz solar directa serian un condicionante moi negativo para o desenvolvemento de arboledo e xardinería. A implantación dun carril bici na Avenida Finisterre non seria posible mediante un carril exento da circulación vehicular, polo que tería que implantarse na propia calzada. Ao ser os carrís de circulación dun ancho moi estrito, non sería viable a redución do mesmo, polo que a vía ciclista obrigatoriamente debería discorrer coa circulación existente. Por xustificación de seguridade viaria, e ao implantar un carril bici dentro da plataforma de calzada existente nunha vía coas características da Avenida de Fisterra, sendo o carril bici un carril bici compartido cos vehículos, declárase a proposta como Non Viable." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos