Na Coruña Contas

Volver

Rocódromo no pasadizo da rúa xeneral troncoso

lameduse lameduse  •  14/05/2018  •  Distrito 10  • 

Rocodromos nas pontes e pasadizos.
Rocodromos nas pontes e pasadizos.

Código proposta de investimento: 1559

Os lugares mais insospeitados poden ser dos mellores espazos para practicar deporte na propia cidade ademáis de dar vida a zonas que polo seu poco atractivo urbanístico as persoas non camiñamos nos nosos percorridos diarios.

O pasadizo que hai na rúa xeneral troncoso podería ser un bo espazo pola súa propia natureza en curva e polas rochas que podemos atopar na súa parede para facer un rocódromo ao aire libre no centro da cidade. Un lugar singular onde atoparse a persoas colgadas das paredes mentres camiñamos pola cidade e onde a vida cotiá e o deporte poden atoparse.

 

Localización: Esta proposta tamén serviría para outras ubicacións

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos