Na Coruña Contas

Volver

Instalación para unha concesión dun quiosco/cafetería no parque de Eiris

cocasina cocasina  •  14/05/2018  •  Distrito 6  • 

quiosco
quiosco

Código proposta de investimento: 1513

Instalación para unha concesión dun quiosco/cafetería no parque de Eiris. A proposta está pensada para as inmediacions da zona do parque infantil de Eiris, cercana a unha futura estación de Bici coruña. Daría servizo os pais dos nenos do parque infantil que poderían usar tamén as mesas para merendar cercanas. Tamén poderian úsalo os pais que agarden polos nenos que adestren no campo de fútbol de Eiris. Na actualidade non existe posibilidade de ter estos servicios na zona e creo que podería ter moi boa acollida. 

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "A proposta é viable. Poderíase desenvolver unha actuación de baixo impacto, cunha solución non fixa. Podería levarse a cabo por un custo aproximativo de 40.000 euros. Nesta estimación tamén se incluiría ademais dos custos de instalación o derivado do mobiliario (barra, mesas e cadeiras, electrodomésticos, etc.). Non obstante, na identificación da localización concreta do quiosco habería que ter en conta as zonas de protección do patrimonio cultural que prevé o PXOM, aos efectos de valorar a súa viabilidade definitiva". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos