Na Coruña Contas

Volver

Ampliación zona infantil de xogos no parque de Eirís

bolboreta bolboreta  •  05/05/2018  •  Distrito 6  • 

Código proposta de investimento: 1093

A extensión do parque é enorme e preciosa, nembargantes os espazos dedicados a xogos para nenos quédanse pequenos. Só un columpio para bebés,  quitáronse as zonas elásticas e non se repuxeron...

Somos moitos os veciños que pensamos que un parque do estilo do da praza da Tolerancia quedaría moi ben co entorno e a morfoloxía do parque e permitiría a moitos máis nenos xogar sen estar facendo cola.

E por falta de espazo non é!

:)

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A valoración atende á creacion dunha área de 450 m2 con dúas estruturas grandes de madeira (estilo Pza. Tolerencia), catro randeeiras e un carrusel integrador.Todo con pavimento amortiguador mixto ( céspede artificial e caucho in situ) e bancos." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos