A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Rehabilitación das Fontes Tradicionáis de Eirís

monicaeiris monicaeiris  •  14/05/2018  •  Distrito 6  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 1499

En todas as zonas ruráis da cidade, ata que nos instalaron a auga corrente, había unha rede de fontes tradicionáis. 

Moitas delas, pese a quedar en desuso e ter sido desconectadas da rede polo concello, seguen en pé. 

Marcamos no mapa algunhas delas. 

A veciñanza xa non as precisa para abastecerse de auga, como hai 30 anos, pero sí sería bonito recuperalas para poder refrescarnos nelas cando paseamos. Non se entende que só nos parques haia fontes. E moito menos que, tendo aínda a infraestructura e a rede instalada, non se poñan en uso.

Solicitamos que se lles dea unha man de pintura, se acondicione o entorno e se reconecten á rede de auga e alcantarillado.

Organización: Asociación Veciñal de Eirís

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A rehabilitación destas fontes, incluíndo pintado, pezas novas necesarias, conexión á rede de abastecemento e saneamento suporía un custo de aproximadamente 2500 € por fonte. Rehabilitando as nove fontes propostas, o orzamento ascende á cantidade de 22500 €." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.