Na Coruña Contas

Volver

Mellora do Auditorio de Santa Margarida

birnarem birnarem  •  13/05/2018  •  Distrito 9  • 

Auditorio Santa Margarida
Auditorio Santa Margarida

Código proposta de investimento: 1460

O Auditorio de Santa Margarida é o único auditorio ao aire libre do que dispón a cidade. É un auditorio moi antigo e deteriorado, e que pode mellorar a súa configuración para adaptarse ás novas necesidades.

O ideal sería ampliar a capacidade das bancadas polos laterais ou incluso facendo burato cara abaixo. En todo caso, o que propoño sería polo menos mellorar a calidade das instalacións, mellorando o material das gradas facéndoo máis cómodo para as espectadoras, mellorando tamén o chan de cemento de abaixo, permitindo actuacións máis cerca das gradas centrais (material agradable para moverse e actuar en danza e teatro). Tamén, se é posible, a instalación dun escenario permanente, que sexa o suficientemente amplo e versátil que permita o uso para concertos e actuacións diversas sen necesidade da instalación dun escenario propio, simplemente adaptando o existente ao evento concreto.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "A proposta de ampliar as bancadas descendendo á escea semella de certa complexidade dado o caracter rochoso do lugar no que se asenta. O importe consignado correspondese á mellora das superficies de asento e do foxo propostas, estimando un custo unitario de 100 €/m2 aplicado á superficie aproximada de 1.940 m2 do espazo." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos