A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

Instalacións deportivas por toda a cidade

slamelov slamelov  •  12/05/2018  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código proposta de gasto: 1404

Trátase de poñer instalacións de baixo custe por toda a cidade alí onde sexa posible; parques, prazas, solares e demáis espazos abertos. Canastras, máquinas de exercicios, porterías, tenis de mesa, campos de chave, obstáculos de skate, parkour, etc. A intención é que facer deporte na rúa sexa unha opción cómoda para fomentar o exercicio físico. As instalacións que puxo o concello nestes dous anos tiveron moito éxito, convén aumentar este tipo de instalacións.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 80 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.