A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2018

creación de áreas de xogo libre e baixo cuberta

Anaro Anaro  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 1066

As novas correntes pedagóxicas fomentan o xogo libre como ferramenta para o desenvolvemento persoal dos menores

- habilitar espazos seguros de circulación  de vehículos que permitan o xogo libre dos rapaces, en lugares que non teñan por que estar pechados durante os temporais.

- habilitar mecanismos de protección para a choiva e temporais que permitan desfrutar  do aire libre nas estacións do ano menos favorecidas climatoloxícamente. Por exemplo; cubertas ou cúpulas coma do parque de Eirís

- habilitar áreas de xogo libre nos Centros Cívicos; os centros cívicos normalmente contan con espazos abertos que poderían ser utilizados a modo de ludotecas (como existen noutros concellos como o de Santiago de Compostela) baixo un custo realmente reducido, no que os nenos e nenas podan compartir un espazo de xogo seguro e quentiño nas épocas de mais frío.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable segundo o seguinte informe técnico: "Polo carácter xenérico da proposta, cunha marxe de investimento moi variable en función das características da intervención que cada emprazamento concreto reruirise, asígnase o importe máximo indicado nos criterios de avaliación como importe de referencia. Consideración de cubrición de parque infantil (previa comprobación de viabilidade física e urbanística). Custo de referencia incluídos custos indirectos: 265 €/m2. PBL con IVE = 381,57 €/m2. Co custo de referencia considerado e o importe máximo indicado, poderíanse cubrir uns 650 m2 de superficie libre, o que equivalería a uns 3 parques infantís." Agradecemos a túa participación neste programa e agardamos que volvas participar de novo na vindeira edición dos Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • patriciasaco
    patriciasaco  • 15/09/2018 08:46:25

    Importantísimo. Con los niños, durante 8 meses al año, nuestras alternativas de ocio son: centro comercial, museo, biblioteca, piscina o casa. Los niños quieren jugar y relacionarse entre ellos. Todos queremos, de hecho. Interesante propuesta.

    Sen respostas