Na Coruña Contas

Volver

Elevar pasos de peóns

AVV Atochas - Monte Alto AVV Atochas - Monte Alto  •  10/05/2018  •  Distrito 10  • 

maxresdefault.jpg
maxresdefault.jpg

Código proposta de investimento: 1294

Nas zonas do distrito próximas a escolas e institutos, parques e zonas verdes, e de moito movemento viandante, consideramos necesario elevar os pasos de peóns, de cara a reducir a velocidade de circulación dos vehículos e garantir a seguridade, así como para facilitar a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida.

Localización: Nas zonas do distrito 10 próximas a escolas e institutos, parques e zonas verdes, e de moito movemento viandante.

Proposta en nome de: Asociación veciñal Atochas - Monte Alto - A Torre

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos