Na Coruña Contas

Volver

Reinstalación de bolardos na rúa Socorro

josegp josegp  •  08/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1172

Na rúa Socorro, especialmente no treito entre o Pasadizo do Orzán e a rúa do Sol os coches aparcan enriba da beirrarúa.

Os bolardos que tiñan instalados xa os romperon en máis dunha ocasión para poder estacionar de novo, perxudicando o tránsito dos peóns e estropeando a pedra da beirrarúa.

Propoño reinstalar os bolardos (o mesmo modelo ou outro máis resistente), árbores, bancos ou algún dispositivo que exerza de barreira e impedíndolles aparcar.

Localización: Rúa Socorro

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos