Na Coruña Contas

Volver

APARCADOIRO CUBERTO PARA BICIS NA CONTORNA DA TORRE DE HÉRCULES

lorenasinmuros lorenasinmuros  •  06/05/2018  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 1098

Se a ciudadanía da Coruña queremos movernos en bici debemos ter os servizos axeitados

Noutras cidades europeas que apostaron, como A Coruña, pola bici, xa teñen a disposición dos usuarios aparcadoiros cubertos. Son zonas cerradas ou semi, con estructuras de amarre en línea, no chan ou no teito. 

Na Coruña chove, o noso clima implícanos ter que gardar as bicis en espacios cubertos. Temos un carril bici fabuloso que nos honra. Aproveitemos de verdade o que temos, e demos facilidades a veciñanza para ter conciencia responsable co medio ambiente.

Obra que debe dárselle a artistas do barrio. A Coruña está sendo referente de traballo comunitario, especialmente na zona de Montelto. Esto pode ser elemento diferenciador de CIDADE REFERENTE DA MOBILIDADE RESPONSABLE. 

Debe ser seña de servicio comunitario, de coherencia e sostenibilidade. Sigamos nesta liña de cidade respetuosa e consciente

Localización: Contorna da Torre de Hércules

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as 15 máis apoiadas do distrito na fase de apoios, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 30 de agosto ao 17 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer A Coruña que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos