Na Coruña Contas

Volver

1ª FASE DE SUSTITUCIÓN DO ARBORADO INAPROPIADO NO PARQUE DE SANTA MARGARITA

A. Martínez A. Martínez  •  03/05/2018  •  Toda a cidade  • 

Vista de Santa Margarita
Vista de Santa Margarita

Código proposta de investimento: 1034

Continuar o proceso de eliminación de eucaliptos e outras especies inapropiadas no parque de Santa Margarita por outras especies autóctonas. Para facilitar a realización deste proceso e garantir unha participación máis plural, proponse dividir as áreas de parque en diferentes zonas de actuación, a fin de que a partida sexa dun coste menor á da intervención global e permita a súa realización en diferentes anos. Así pois, no parque de Santa Margarida hai uns 100 pes de Eucalipto. Por iso proponse a división da actuación en 4 fases, sendo esta proposta a primeira delas.

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable de acordo co informe do equipo técnico municipal: "A proposta suscitada estase realizando desde fai anos no Parque de Santa Margarita. O número de zonas de actuación era maior para poder facer os traballos nun marco plurianual. A actuación pode facerse en 4 fases, simplemente é cuestión de planificalo adecuadamente e de reservar unha partida económica non só para talalas senón para a transformación integral das zonas cun enfoque máis contemporáneo e respetuoso coa biodiversidade. Considérase viable técnicamente, require un proxecto integral en 4 fases e desenvolvelo. Debe ser unha solución compatible co plan director do Parque de Santa Margarita existente." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas propostas na seguinte edición do programa o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • 125

    Eu penso que os eucaliptos do Parque de Santa Margarita deben quedar en él. Porque haia uns poucos non pasa nada e ademais os que propós cortar teñen máis de 100 anos de historia.

      • A. Martínez
        A. Martínez  •  Autor  •  03/09/2018 05:42:44

        O Parque de Santa Margarida ten un plan director confeccionado hai xa uns cantos anos para a súa transformación nun espazo máis naturalizado e con maior diversidade. Na actualidade a cantidade de eucaliptos no parque é elevada, e alá onde crecen nada mais crece baixo eles, nin herba, nin arbustos. Ademais, estes empobrecen o chan no que asentan. O plan fala de retirar un importante número dos mesmos e cambialos por outras especies autóctonas que favorezan a implantación de mais vexetación e biodiversidade (paxaros cos seus niños, pequenos animais...), posto que actualmente estes exemplares si fan dano a esta biodiversidade.

        Poderíase conservar algún que se atope en bo estado e non supoña un perigo para ninguén polo seu tamaño e idade, pero dende logo non aportan nada positivo como plantación grupal.

        Sen respostas
  • exeria

    Que manía temos de arrasar con todo¡ Eses árbores non fan dano a ninguén. Non confundamos a explotación intensiva dunha especia ata o punto de arrasar co entorno, con árbores de xardín que levan ahí máis tempo ca ti.

      • A. Martínez
        A. Martínez  •  Autor  •  03/09/2018 05:39:04

        Non confundo nada nin a proposta fala de arrasar nada. O Parque de Santa Margarida ten un plan director confeccionado hai xa uns cantos anos para a súa transformación nun espazo máis naturalizado e con maior diversidade. Na actualidade a cantidade de eucaliptos no parque é elevada, e alá onde crecen nada mais crece baixo eles, nin herba, nin arbustos. Ademais, estes empobrecen o chan no que asentan. O plan fala de retirar un importante número dos mesmos e cambialos por outras especies autóctonas que favorezan a implantación de mais vexetación e biodiversidade (paxaros cos seus niños, pequenos animais...), posto que actualmente estes exemplares si fan dano a esta biodiversidade.

        Poderíase conservar algún que se atope en bo estado e non supoña un perigo para ninguén polo seu tamaño e idade, pero dende logo non aportan nada positivo como plantación grupal.

        Sen respostas
Non hai fitos definidos