Na Coruña Contas

Volver

Orzamentos participativos

PLANTACIÓN DE ARBORADO NA RÚA REGO DE AUGA

20/05/2017  •  lrf  •  Distrito 10

Plantación de arborado nesta rúa aproveitando o espazo liberado coa recente eliminación dos contedores de residuos.

7.500 €

PUNTO DE SERVIZO DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS NO PARQUE DE OZA

26/04/2017  •  m.oreiro  •  Distrito 6

Ubicar no parque de Oza un punto do servizo de préstamo de bicicletas no Parque de Oza

35.000 €

Plantación duns 10 árbores nas beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada

09/05/2017  •  A. Martínez  •  Distrito 9

Plantación duns 10 árbores nas partes máis amplas e baleiras das beirarrúas de Alcalde Jaime Hervada.

Actualmente estes espazos están baleiros e desanxelados, e permitirían aumentar o número de árbores da cidade cunha pequena inversión.

15.000 €

Pista de patinaxe

13/05/2017  •  nurinhav  •  Distrito 4

A creación dun lugar para practicar a patinaxe facilitaría o fomento dos hábitos saludables na /xuventude de Novo Mesooro e disminuiría OS desprazamentos das familias a outros lugares da cidade para practicar deporte. Eso implicaría unha menor contaminación na cidade e crecemento do barrio.

150.000 €

Área biosaudable para nenos e maiores

21/05/2017  •  Rexumeir@s  •  Distrito 5

En Elviña e Castro non hai ningún espazo de lecer, nin de xogos nin cultural, nin para os nenos nin para os maiores.

Proponse a creación dunha área de lecer que inclúa unha zona de xogos infantil, unha zona de descanso, unha zona biosaudable para maiores e unha zona de deportes.

 

 

200.000 €

Mellora da alumeado público na Silva-Cances-Penamoa

18/05/2017  •  beatrizgomez  •  Distrito 3

Mellora de calidade de luz para a seguridade cidadá. Haberia que revisar a intentisade de luminicas e ampliar os puntos de luz, en concreto no lugar de Cances entre a fonte e o camiño das reixas e tamén no lugar das Eiriñas na fonte da Fonte nova, espazos de tránsito e paseo de veciñas.

 

65.000 €