Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 9

Propostas de investimento non viables: Distrito 9

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Eliminar cerre do Parque de Santa Margarida en Avda. Fisterra

19/05/2017  •  anilorrak  •  Distrito 9

O cerre do Parque de Santa Margarida é un obstáculo para os cidadáns que suben e baixan pola Avenida Fisterra. Consideramos que abrir o espazo facilitaría os desprazamentos pola estreita beirarúa, permitiría o contacto directo co Monte, evitaría ser un foco de insalubridade e malos olores (debido a que é utilizado por algúns como mexadoiro) e melloraría estéticamente o espazo urbán. Propoñemos o derrubamento do valado que vai dende o número 95 da Avda. Fisterra ata a entrada no cruce coa rúa Palomar, e o derrubamento de dita entrada. Son aproximadamente uns 50 metros de valo en moi mal estado, roto e con ferros de estrutura á vista, perigoso para a xente.

O espazo que se gañaría, actualmente infrautilizado (especialmente na zona próxima ao nº 95), podería ser empregado coma zona de descanso con algún banco e adecuada iluminación, ou mesmo coma posible punto de préstamo de bicicletas.

Parque na parcela do Observatorio Meteorolóxico

08/05/2017  •  feli  •  Distrito 9

Que fagan xa un parque verde e aberto no entorno sen urbanizar do Observatorio Meteorolóxico. Agra do Orzán merece unha intervención urxente, dado o déficit de investimentos histórico neste tipo de infraestructuras.

Punto de auga na cala de San Roque-Cetárea

21/05/2017  •  monfero  •  Distrito 9

Instalación dun punto de auga, con fonte de auga potable e grifo para lavar ós pes á saída da cala de San Roque-Cetárea, á altura do paseo.

Limpeza da rúa Sagrada Familia

01/05/2017  •  lucia_g  •  Distrito 9

Esta rúa precisa que se limpe ao igual que se limpan as demáis rúas. A maioría dos días está sucia e con mal olor, precisando chamar ao concello para que veñan limpala, se houbese un servicio diario sería mellor para a veciñanza.

Modificación mediana Gregorio Hernández y plantación de árboles

17/05/2017  •  javi  •  Distrito 9

En esta calle, desde la gasolinera Cepsa hasta la antigua delegación de sanidad, hay una mediana dividida en dos tramos; una plantada con cesped con una glorieta y otra con un cebreado en donde antiguamente se podía aparcar. Dado que ahora en esa mediana cebreada no se puede aparcar ni usar de ninguna manera propongo convertirla en una mediana como la de la avda Arteixo con unos árboles de gran porte, cesped, casas para pájaros, etc, y extenderla por delante de la gasolinera donde ya hay cesped y rematar en la glorieta, donde actualmente en el centro de la misma hay un bloque de granito de gran dimensión (desconozco su significado) y que podría ser sustituido por un arbol estilo conífera que pudiera ser adornado en Navidad (es una idea, podría valer cualquier árbol de buen porte y si no se quiere no adornarlo)

Humanización da Rúa Mosteiro de Bergondo

16/05/2017  •  antolinp  •  Distrito 9

Esta rúa e outra das rúas que presente un maior ancho que as rúas veciñas e podería perfectamente someterse a unha reforma na que se ampliasen as beirarrúas e se plantasen árbores. E unha rúa moi transitada por parte dos veciños do Ventorrillo e do entorno das Casas de Franco que cruzan hacia a zona da Rúa Barcelona. Na anterior lexislatura fíxose unha chapuza e só se ampliaron as interseccións desta rúa coas rúas perpendiculares. Ademáis na zona hai unha igresa e un centro social e a zona melloraría moito coa ampliación das beirarrúas e a plantación de árbores.

Aumento das prazas de aparcamento á vez que se elimina a dobre fila

14/05/2017  •  alvaroabella  •  Distrito 9

Propoño cambiar o xeito de aparcar en varias rúas no barrio da Agra do Orzán. En rúas como Avda. das Conchiñas (tramo entre Fuente Álamo e Gramela), Avda. da Gramela ou alcalde Lens, o habitual é que sempre exista dobre fila, mais se en lugar de aparcar en paralelo se aparcase en batería ou en diagonal, ao menos nunha das beirarrúas gañaríanse moitas prazas de aparcamento. Ademais eliminaríase a dobre fila, xa que ó non caber dous coches circulando, non se estacionaría bloqueando a circulación. Ademais a inversión é mínima xa so é necesario marcar as plazas de aparcamento cunha sinal vertical ou pintando as plazas no chan.

Limpar e pintar a ponte da Ronda de Nelle con Avda. de Fisterra

04/05/2017  •  jfbalsa  •  Distrito 9

Xa que parece que no curto prazo non se vai facer o esperado túnel pois penso que é necesario limpar a ponte e pintala para que se disimule, na medida do posible, a horrosidade da ponte e toda a polución que produce o paso elevado dos coches na zona.

Con poucos cartos se podería pintar ou recubrir dalgún material a ponte para que mellore visualmente a zona. Creo que a actuación que propoño é algo na que toda a veciñanza da zona estaría dacordo.

Paso de peatones a ambos lados de ronda de Nelle con Avenida Finisterre.

14/05/2017  •  Anibal_exp  •  Distrito 9

Creacion de un paso de peatones en ronda de Nelle con Avenida de Finisterre en el lado opuesto al existente, ahora es imposible cruzar legalmente por uno de los lados y los semaforos no están coordinados. 

Marquesina de bus en la Ronda de Outeiro (parque Vioño)

17/05/2017  •  sonia.canosa  •  Distrito 9

No hay una marquesina en esa parada, siendo este un lugar con mucho viento y en el que no hay donde resguardarse de la lluvia.