Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Toda a cidade

Propostas de investimento non viables: Toda a cidade

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Solución rotonda do pavo real

30/04/2017  •  78786116f  •  Toda a cidade

Cómpre solventar os atascos de tráfico, dándolle uso á rotonda que está cega na terceira ronda

Cambio de sección en la Marina

13/05/2017  •  Anibal_exp  •  Toda a cidade

Modificación de la sección de la calle desde plaza de Orense hasta la zona del teatro Colón, haciendo desaparecer carriles progresivamente en cada cruce, ya que en la atualidad los coches que pueden llegar hasta la marina y continur son pocos. 

Bastaría con tres carriles por sentido desde plaza de Ourense, dos por sentido desde Juna de Vega y un carril por sentido desde el cruce con rúa Nova. Esto permitiría ensanchar aceras o incluso situar un carril bici (para ello debería evitarse la situación que se produce al lado del teatro colón dónde el excedente de carril se convierte en isletas).

Recuperación no treito en mellor estado do Tranvía Histórico

27/04/2017  •  A. Martínez  •  Toda a cidade

Recuperación do treito de Tranvía Histórico entre cocheiras e As Esclavas, a fin de non ter a grande inversión realizada hai anos paralizada, e engadir atractivo turístico á cidade.

A posteriori pódese orzamentar a recuperación do resto da infraestructura a fin de crear un grande atractivo turístico dende Porta Real (turismo de trasatlanticos).

Cidades como Porto ou Lisboa fan do tranvía todo un símbolo turístico moi empregado diariamente. 

Facer un viveiro de empresas para novas iniciativas

15/05/2017  •  mariajosecastelo  •  Toda a cidade

Poñer a disposición de persoas emprendedoras distintos locais municipais por toda a cidade.

"A CASA DA MULLER: TEMPO DE MULLERES".

17/05/2017  •  gonzalonovo@edu.xunta.es  •  Toda a cidade

Crear ou habilitar un espazo específico axeitado, ou unha exposición permanente, en torno a unha das grandes revolucións pendentes no mundo de hoxe: o tema da muller. Cun enfoque multidisciplinar e unha clara vocación feminista, o museo debe visibilizar e difundir a construcción histórica dos sistemas de dominación sobre a muller en todos os ámbitos, desde as primeiras sociedades patriarcais ata o machismo contemporáneo; poñendo en valor as resistencias individuais e colectivas máis salientables ao longo do tempo.  Sería unha experiencia PIONEIRA en España, aproveitando a traxectoria museística da cidade. Debería servir tamén de lugar de encontro e xérmolo de iniciativas máis e amplas e variadas dentro da mesma temática da muller, actuando como núcleo e revulsivo de actividades que lle otorgaran á cidade unha "marca" nova e singular de "cidade en tempo de mulleres".  

Invertir 200.000€ en incorporar nuevos libros a las bibliotecas públicas

17/05/2017  •  galego1906  •  Toda a cidade

Propongo invertir una parte del millón de euros en dedicarlo a cultura y así actualizar el catálogo de las bibliotecas municipales con libros nuevos y modernos.

Si cada libro valiera una media de 30€, se podrían añadir mas de 6.000 libros para repartir entre las bibliotecas públicas de la ciudad.

CARRIL BICI ESTACIÓNS BUSES/TRENS>CENTRO>SAÍDA CIDADE

18/05/2017  •  ramon_rb  •  Toda a cidade

Gustaríame propoñer de novo un carril bici que una as estacións de buses e trens co centro e saída da cidade. Fomentaría o uso da bicicleta con seguridade para quen non nos atrevemos a ir pola calzada. Non habería que investir moito, con que estea sinalizado ou pintado xa non habería que mudar o pavimento, aínda que sería o recomendable. Sería bo conectar todos os barrios co centro e coa saída da cidade ata a Pasaxe, e nenos e adultos poderiamos chegar de forma segura ao carril bici de O Burgo, Sta Cristina, Oleiros. Seguro que o agradecemos :)

LIMPEZA NA CIDADE. CAMPAÑA DE CONCIENCIACION

20/05/2017  •  Sol  •  Toda a cidade

Sinto unha grande envexa cando visito cidades limpas  e as comparo coa nosa,  e como considero que todos nos  temos moito que ver na limpeza da nosa cidade, e por iso que propoño destinar unha pequena parte do orzamento para facer unha campaña  (casi porta por porta) para concienciar a veciñanza no:

- Reciclaxe do lixo

- Como debe botarse  o lixo nos colectores das rúas e en que horario

- Como conquerir as nosas rúas limpas

Esta campaña estaría complementada con actuacións nos centros cívicos, nas asociacións de veciños, nos colexios .....

Buses turísticos

21/05/2017  •  manusandom  •  Toda a cidade

Neste sector, claramente en auxe e que ano tras ano ven aumentado, comprería crear un bus turístico que fixese determinadas paradas en puntos clave da cidade, e que poida ser, por exemplo, unha ferramenta para achegar ós cruceristas ó noso maior atractivo: A Torre de Hércules.

marquesiñas

15/05/2017  •  tana  •  Toda a cidade

Mellorar as marquesiñas i o servizo de información das paradas dos buses;así como un acceso seguro o bus