Na Coruña Contas

Volver

Buses turísticos

manusandom manusandom  •  21/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 643

Neste sector, claramente en auxe e que ano tras ano ven aumentado, comprería crear un bus turístico que fixese determinadas paradas en puntos clave da cidade, e que poida ser, por exemplo, unha ferramenta para achegar ós cruceristas ó noso maior atractivo: A Torre de Hércules.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 50 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes nesta fase do 8 ao 24 de setembro, votando aquelas propostas que a cidade necesita, e a participar de novo na convocatoria de Orzamentos Participativos do vindeiro ano. Moitas grazas pola túa participación, que é fundamental para facer a cidade que todas e todos queremos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos