Na Coruña Contas

Volver

Máis árbores en toda a cidade

pelines pelines  •  29/04/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 87

Facer da Coruña una cidade máis verde. Non estaría mal tampouco facer novas fontes.

Informe de custo

A túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Trátase dunha petición que non ten localización específica, polo tanto, para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, estimanse varios prezos tipo segundo os lugares de plantación por determinar: - As zonas urbanizadas que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo para a súa implantación e crecemento libre (subsolos soltos ou removidos, compactos, rocosos, etc.). - Zonas axardinadas, parques urbanos con dispoñibilidade de espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso ao rego. Os prezos unitarios para a plantación de arborado, de acordo cos estándares de calidade adecuados para a súa viabilidade, serían os seguintes: - Orzamento unitario de plantación de árbore en calquier tipo de pavimento: 1.500 euros/unidade. - Orzamento unitario de plantación de árbore en zona verde con rego: desde 500 a 700 euros unidade (depende da calidade do chan, existencia ou non de rego e especie e tamaño elixidos)." Grazas pola túa participación e esperamos contar de novo coas túas propostas na seguinte edición o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • bepelo1

    La escandalosa falta de árboles en la ciudad revela una ciudadanía sin sensibilidad ni para el medio ni para las personas. Es una mentalidad mezquina y cateta la que planifica el urbanismo de espaldas a la necesidad de contacto con la naturaleza. Convierte la ciudad en un lugar inhóspito y triste, en un campo de batalla en el que se está a favor o en contra del asfalto, como si fuera imposible compatibilizar entorno humano y natural.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos