Na Coruña Contas

Volver

Deseño dunha App municipal de incidencias de urxente solución

luivar59 luivar59  •  20/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 612

Atendendo á grande presencia e uso das novas tecnoloxías, propónse o deseño dunha aplicación para teléfonos móbiles que lle facilite ós cidadáns enviar fotografías e ubicacións daquelas incidencias que observe para que o Concello poida reparalas á maior brevidade posible e evitar deste xeito incidencias maiores (por exemplo, falta de lousas na beirarrúa, mobiliario urbano deteriorado,...)

Proposta en nome de: Federación de AA. VV. de A Coruña e Área Metropolitana

Informe de inviabilidade

Comunicámosche que a túa proposta foi declarada INVIABLE segundo o informe do equipo técnico municipal: Esta proposta xa foi avaliada e seleccionada como gañadora na edición dos Orzamentos Participativos do ano pasado, e polo tanto atópase actualmente en fase de execución. Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos poder contar coa túa colaboración na vindeira edición.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos