A Porta Aberta

Volver
Orzamentos participativos 2017

Instalación de Pista Polideportiva no Barrio das Flores

pvbf pvbf  •  19/05/2017  •  Distrito 7  •    1 comentario

Código proposta de gasto: 584

Dende os inicios,o Barrio das Flores disfrutou dunha pista polideportiva no seu Parque.Nela xogaban nenos e maiores. Nembargantes,nos anos 80 foi sustituida polo Polideportivo Municipal,con turnos e pagos.Trátase dun equipamento local,para disfrute da cidade,mais non do barrio. Ademáis,as millores franxas horarias están asinadas a entidades privadas ou alleas ó barrio. Solicitamos que o noso Barrio recupere un espazo tradicional de ocio para os veciños, sen custo económico. Fai pouco foi rexeitada unha proposta semellante por problemas de ubicación. Propoñemos dúas alternativas. O orzamento da pista prefabricada é inferior ós 30.000 €, e se calcula unha obra civil lixeira, de xeito que toda a operación non supere un custo estimado duns 50.000 €. Recentemente foron instaladas pistas semellantes en barrios da cidade, como Eirís, Mesoiro e outros con moito éxito.

Localización: Zona verde sobre o Oleoducto á altura da rúa Tulipanes.

Organización: Plataforma Veciñal Barrio das Flores

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "Independentemente da complexidade de atopar o emprazamento axeitado dentro dos espazos libres do barrio, indícase o custo do acondicionamiento dunha pista de superficie aproximada de 1.000 m2, necesaria para acoller un rectángulo de xogo de 40 x 20 m e as súas marxes perimetrais, e o seu peche perimetral." Agradecemos a túa participación e esperamos contar de novo contigo nos Orzamentos Participativos do vindeiro ano.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • carocampos
    carocampos  • 19/05/2017 19:11:45

    Crieime no barrio dende nena e hoxe atopo que moitos dos espazos que de nenos tiñamos apropiados para os nosos xogos, son hoxe en día ocupados polos vehículos que medraron mais no barrio que a sua poboación.
    Pareceme importante a dotación de novos espazos lúdico-deportivos para a veciñanza e apoio esta iniciativa.

    Sen respostas