Na Coruña Contas

Volver

Todos os colexios da cidade teñan un patio cuberto que cubra as súas necesidades

anasl anasl  •  09/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 291

Todos os colexios da cidade deberían contar cun espazo onde os nosos nenos e nenas poidan ter un tempo de lecer mentres están no horario lectivo, que ademais se podería empregar para outras actividades do centro. Hai moitos nenos e nenas da cidade que teñen que pasar o recreo, cando chove, nas aulas por non dispoñer de tal espazo ou o que teñen no cumpre coa súa función de ser cuberto

Informe de custo

Comunicámosche que a túa proposta é viable segundo o seguinte informe do equipo técnico municipal: "O custo indicado refírese á construción dunha cuberta con dimensión suficiente para acoller unha pista polideportiva de medidas reglamentarias para competición infantil, tal e como se levou a cabo xa en varios centro educativos da cidade." Grazas pola túa parcipación e esperamos contar contigo de novo o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • anepa

    En xeral, tense bastante descoidados os colexios públicos da cidade e as peticións de necesidades formuladas desde as Anpas e os Consellos escolares. Ano tras ano segue sendo un asunto secundario por parte de todos os organismos dos que depende o sistema educativo. Realmente é moi triste que nun país onde se presume de estar moi avanzados os rapaces sigan sufrindo as carencias de necesidades básicas que garantan un mínimo de seguridae, salubridade , ergonomía e benestar propios dunha escola pública onde se favoreza o interese dos rapaces a permanecer o mínimo de horas obrigatorio e lles mostre a escola como un espazo agradable. Está ben que se delegue no persoal , pero non o 100%.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos