Na Coruña Contas

Volver

Mellora das salas de cine do Forum Metropolitano

aleixo_varela aleixo_varela  •  07/05/2017  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 249

As salas do Forum Metropolitano ofrecen unha das mellores programacións de cine da cidade, pero en demasiadas ocasións, o que debería ser un momento agradable de lecer, torna case nun sufrimento.

O principal problema reside na falta de ventilación (existe, pero non funciona oun non se usa), acadando coa multitude unha temperatura e humidade abafante, que obriga incluso a abandoar a pelicula e saír da sala.

Outras cuestións de menor importancia son a falla de insonorización coa sala anexa, a calidade do son (únicamente frontal) ou a comodidade das envellecidas butacas.

Proponse unha actuación para mellorar as deficiencias comentadas e permitir que o Forum siga a ser unha referencia na proxección de cine de autor.

Localización: Forum Metropolitano, Distrito 8

Informe de custo

A túa proposta foi declarada viable polo equipo técnico municipal segundo o seguinte informe: "Establécese un custo estimado de 212.000 euros, dos que 72.000 corresponderían á adquisición dun proxector e equipos de audio, 36.000 ás butacas e 104.000 á obra civil, incluíndo illamento e sistema de ventilación." Agradecemos a túa colaboración no programa de Orzamentos Participativos e esperamos a túa participación o ano que vén.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • mangel

    No cumple la seguridad necesaria en caso de incendio, ya que está toda la sala enmoquetada, entre otras deficiencias en el caso de provocarse un incendio (yo fui testigo de como se quemó una película cuando estaba proyectándose y fui consciente del peligro enorme de las personas que estábamos dentro. habría que incluír medidas de seguridad en la restauración que se propone.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos