Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

dindona dindona

Comentarios
MELLORA DA ACCESIBILIDADE DO BARRIO DAS FLORES
Mentres noutros barrios fóronse mellorando as infraestructuras, o Barrio das Flores foi quedando presuposto tras presuposto e corporación municipal tras corporación, prácticamente igual que no ano 1967, ano da súa inauguración. De feito quitando algunhas rampas que fixeron os alumnos dunha escola taller de albañilería nos anos 90 en tempos de Fco. Vázquez o barrio está prácticamente igual, o pavimento dende a calle jazmines, bloque 50 en adiante é o mesmo do ano 1967, pavimento de pizarra, que no inverno énchese de charcos e verdín, as escaleiras da área central están separadas por grietas unhas das outras, e moi necesario facer rampas accesibles, a zona da praza dos pinos FONTE DA CUCA, emblema do barrio, que quedou do antigo CAMPO DE OZA, está rodeada de escaleiras angunhas de casi 40cmts de alto, absolutamente impracticables. en fin, o Barrio das Flores necesita unha reforma integral dunha vez por todas para poder ser un barrio accesible do século XXI.