Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

beatrizgomez beatrizgomez

Comentarios
Pista de tenis en el barrio de A Silva
Sinto discrepar. Este barrio ten unhas necesidades moito máis acuciantes que unha pista de tenis. Estamos unha parte do barrio sen acantarillado, con as casas pechadas, en ruínas, coa maleza de fincas privadas e públicas sen atender, con fochancos no asfalto; sen beirarrúas, só na entrada, e no parque privado das Eiriñas; sen fibra óptica, e nin tan siquer unha línea digna de internet....Sen lugares de xogos para as crianzas; coa poboación gatuna, formigas, velutinas e rateril campando a suas anchas... Cos montes do barrio cheos de herba da Pampa e eucaliptos.... E mira ti, pagamos os impostos...
Alcantarillado casas 14, 9D, 10, 11 e 13 Lugar de Cances
Inexpricable que nunha cidade no ano 2018 varios veciños e veciñas non teñamos alcantarillado. Pagamos os impostos como o resto da cidade
Camión de recollida de lixo adaptado A Silva
No rural da Coruña , nos lugares de Cances e Silva, consérvase a estrutura urbá primitiva; onde as estradas de hoxe son os carreiros asfaltados, ou , mágoa, cheos de maleza. Precisamos limpeza por parte do concello,diaria, amáis de concenciación dos veciños e veciñas da riqueza que supón desfrutar do bó de vivir na cidade, na que pagamos impostos, e estar arrodeados de natureza, moitas veces descoidada
Recuperación do lavadoiro publico de Cances e do seu entorno
A día de hoxe fican dous lavadoiros na cidade, un no lugr da Moura, na Avda de Fisterra, en perigo de desaparición; e este lavadoiro , o Río de Cances, cecais máis antigo e cun moi bó manancial de auga. Lugar moi bó para usar a auga para hortas urbás
Crear el gran bosque de Galicia
Concordo co veciño Javi. É a proposta solicitada dende o lugar de Cances, perto da Terceira Rolda , no monte Rancheiro---esta é a toponimia orixinal co que se coñece , xa que Penamoa ben sendo só un lugar na parte este do monte---
Crear el gran bosque de Galicia
A idea é boa. Nembargantes eu propúxenlla á corporación municipal, co alcalde á cabeza no Espazo DILLO TI, para o.lugar de Cances, no Monte Rancheiro- Penamoa- San Pedro de Visma-parque de Bens
Rede de saneamento. Medida URXENTE
Haberá xa que conquerir que toda a cidade teña servizo de alcantarillado. No lugar de Cances hai varias vivendas que carecen de tan elemental servizo, amàis de no lugar de A Silva ten moitas carencias o mesmo a servizo