Na Coruña Contas

Enviar unha mensaxe privada

2pa 2pa

Comentarios
Aparcadoiro Facilitador
Rogo revisen inviabilidade, xa que trátase de que as persoas que se achegan ao centro de saúde levando a unha persoa con problemas de mobilidade poida aparcar, baixar coa persoa discapacitada sen ser multado como xa ten sucedido. Polo cal prego revisen a inviabilidade. Non se trata da construción de un aparcadoiro, senón de facilitar o achegamento de persoas con problemas. Agora mesmo é complicado por ser estreito o acceso e non poder deixar o vehículo. Grazas.
Aparcadoiro Facilitador
En verdade que anchear o acceso e asegurar unha praza de aparcar sería suficiente
QUERO SER LIBRE POLA CORUÑA
Concordo por completo...Ánimo que faremos que sair a rúa deixe de ser unha aventura de risco. Grazas pola sensibilidade que tedes e beneficia a toda a cidade. ¡¡GRAZAS!!
Bonitas as flores pero non os accesos
Sinto que é necasario. Non pode ser que teñan atrancos para desprazarse as persoas con problemas de mobilidade, cando se poden evitar.
ALTO!!! QUE ESTÁS EN MONTEALTO
Paréceme unha proposta que debe ser atendida polo Concello. Grazas a Grumico por prantexar unha iniciativa tan necesaria.
Praza-Lecer
Se precisan no barrio mais lugares de lecer. Agardo sexa executado para incrementar a listaxe de espazos humanizados.
Aparcadoiro Facilitador
Agardo que sexa aprobado pola necesidade que se protexa.