A Porta Aberta

Nota informativa sobre o reparto do orzamento

Os criterios para o reparto do orzamento entre as propostas gañadoras son os seguintes:

  1. Rematada a votación, ordénanse as propostas de máis a menos votadas para toda a cidade e para cada distrito, e selecciónanse as máis votadas.
  2. Só se seleccionan propostas que conten cun número mínimo de 150 votos no caso de propostas de cidade e 30 votos no caso de propostas de distrito.
  3. Seleccionase as propostas mantendo o equilibrio territorial no reparto de fondos por distritos, atendendo a criterios como o menor volume de poboación ou a maior necesidade de investimento dos distritos.