Na Coruña Contas

Nota informativa sobre o reparto do orzamento

Os criterios para o reparto do orzamento entre as propostas gañadoras son os seguintes:

  1. Rematada a votación, ordénanse as propostas da máis á menos votada para toda a cidade e para cada distrito, e selecciónanse as máis votadas ata 3 millóns de euros.
  2. Se, ao ir incorporando as propostas, unha delas fai que se supere a cantidade total, quedará excluída da suma e pasarase á seguinte, ata alcanzar o importe máximo de toda a cidade (1 millón de euros) e de cada distrito (200.000 euros).
  3. Se nalgún distrito non houbera propostas polo importe total de 200.000 euros, ou non se votaran suficientes propostas ata acadar este límite asignado, procederase a repartir o importe restante equitativamente entre os demais distritos.

Tanto no ámbito de cidade como nos distritos, tras efectuarse o reparto segundo os criterios sinalados, producíronse pequenos restos que se aplicaron (de maneira global) á seguinte proposta máis votada de cidade. Deste xeito, a proposta xenérica "Continuar adaptando la ciudad para personas con movilidad reducida" executarase, ata o máximo do importe sobrante, repartindo as actuacións entre os diferentes distritos.