Resultados da busca
Hai 2 propostas de investimento que conteñen 'Deportes'

Arranxo da pista do Ceip Victor López Seoane
25/09/2022 • • Distrito 2
A pista deportiva do Ceip Victor López Seoane,colexio do barrio de Monte Alto ao que asisten case 420 nenos e nenas, ten unha pista deportiva en moi malas condiccións.
O chan da pista presenta cuarteaduras, foxos, nalgúns lugares tende a denivelarse ademais dun enreixado roto, co perigo que supón estas condiccións para o alumnado.
Desde a Anpa Faro propoñemos o seu arranxo para que a comuidade educativa do colexio poida gozar dunas instalacións axeitadas para poder desenvolver as súas actividades deportivas e culturais.

CREACIÓN DUNHA ZONA DE OCIO E RECREO (ÁREA DE ESPAREXEMENTO) EN PALAVEA
12/09/2022 • • Distrito 8
Demándase a creación dunha zona de ocio e recreo (área de esparexemento) na contorna dos grupos de vivendas Santa Cristina (Palavea). A proposta é estudar un tipo de intervención branda que poida ser compatible co espazo dispoñible e con diferentes usos, permitindo uns bancos e área de descanso e algún espacio de ocio deportivo complementario (deportes urbanos, calistenia, etc.) como equipamento deportivo exterior.