Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 10

Propostas de investimento non viables: Distrito 10

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

Recuperar lavadoiro CANCES e camiño público de acceso

24/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Distrito 10

Restaurar espazo de lavadoiro, alxive, manantial natural, camiño ao lado do edificio dos n. 17- 18... de Cances

zona

valorar zonas verdes

13/09/2022  •  Lecop  •  Distrito 10

Darlle valor as zonas verdes que nos rodean e q non teñen uso no Ventorrillo. Zonas para facer algunha barbacoa. Onde os nenos teñan zonas de xogo lonxe dos coches ...Adecuar sendas naturais para ir en bicicleta

Restauración fonte antiga das Eiriñas, R/ Comuneros de Castilla

25/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Distrito 10

Trasladada pedra a pedra dende o lugar da Fontenova, na Avda. de Fisterra, non se localizou o manancial natural,polo que ten pouquísima auga, ata no inverno. Precisa recuperar o servizo para a veciñanza, de auga fresquiña. E o mobiliario urbano debe ser ubicado de novo no arredor da fonte, mesa e bancos de pedra, que foron levados a restaurar e nunca devoltos.

Recuperación correcta da fonte de Cances

25/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Distrito 10

Recuperación da fonte da Cances, pública, de máis de dous centos anos; precisa baixarselle o nivel, onde está o abrevadoiro do gando, recuperar o manancial natural, que pasa polas fincas privadas de arriba da fonte, e o cano único (non tres canos, que nunca tivera no antigo).

Barrio de A Silva regulación tráfico

24/09/2022  •  Usuario/a borrado/a  •  Distrito 10

Único sentido de entrada  ( por 5 caminos(ventorrillo) y único salida (hacia Av Finisterre)

Reducción de la velocidad al paso de peatones, incorporando elementos necesarios para su cumplimiento.

Mapa bicicoruña actual

Estación Bicicoruña Centro deportivo Sardiñeira/Vioño

21/09/2022  •  diegoobp3  •  Distrito 10

Instalación de nova estación do servizo de Bicicoruña nas próximidades da piscina da Sardiñeira.

É evidente que este servizo non se achega a moitos barrios da cidade e cunha simple ollada ó mapa de estacións pode apreciarse unha barrera na Ronda de Outeiro como se indica na imaxe adxunta.

Un centro deportivo deste tamaño debería ser una boa razón para a instalación dunha estación deste servizo ou al menos, nas próximidades, como podería ser o ambulatorio dos mallos, centro cívico ou parque de vioño. 

239441914_6404396252934245_5988566655495792078_n.jpg

CAMBIO UBICACIÓN PARQUE INFANTIL NA PRAZA SALVADOR DE MADARIAGA

19/09/2022  •  AnibalR  •  Distrito 10

Na parte alta da Praza Salvador de Madariaga do Ventorrillo atópase un parque infantil relativamente novo, pero ao estar situado nunha zona sombría, en gran parte do ano, principalmente inverno e outono non se utiliza. Moitos pais nos dín que a propia Praza Salvador de Madariaga é o suficientemente grande como para acoller ou ben un novo parque ou trasladar o existente. 

Camiños municipais

24/09/2022  •  beatrizgomezamigo@gmail.com  •  Distrito 10

Continuación do camino de carro, municipal, diante no número 55 de Cances, ata o parque do Mte. Ranchero (Penamoa). 

Camiño de Penamoa á S. Pedro de Visma. 

E de Penamoa á Comeanda

Reordenación viaria en Cances

13/09/2022  •  spargac  •  Distrito 10

En el lugar de Cances hay 2 entradas desde la avenida Finisterre, una de ellas, la que viene desde la zona de A Fontenova, la cual se bifurca. Al no existir una ordenación viaria adecuada, se producen encuentros entre vehículos en zonas estrechas y de poca visibilidad. Para evitar accidentes, lo ideal sería que la carretera que sube desde Fontenova fuera solo de bajada desde la fuente de tres caños hasta su bifurcación, y de subida la que va desde la bifurcación hasta el edificio n°17 bordeando la zona ajardinada.

Antes e despois

Mellora de beirarúas e accesibilidade

15/09/2022  •  A. Martínez  •  Distrito 10

Actualmente a praza Salvador de Madariaga supón un risco de accesibilidade e caídas polo levantamento do pavemento ata 15cm nalgúns puntos.

Isto débese o crecemento do arborado nuns alcorques moi pequenos.

Proponse a preservación do arborado, tanto dos plataneiros de gran porte, dos choróns, coma do arborado exótico de escasa presenza na cidade, simplemente ampliando os alcorques retirando as lousas ó redor e implantando plantas tapizantes.

Deste xeito redúcese o risco de caídas, mellora a accesibilidade e a saúde dos árbores, mantendo este pulmón verde no barrio. 

Supón ademais unha intervención de moi baixa inversión económica.