Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 2

Propostas de investimento non viables: Distrito 2

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.

estacións de bicicoruña nos centros educativos

14/09/2022  •  Anaimduarte  •  Distrito 2

Solicitamos a instalación de estacións de bicicoruña nas contornas dos IES de Monte Alto e Zalaeta.

Propuesta de nuevos espacios juveniles para el deporte, ocio, cultura, etc.

Espazo xuvenil aberto Monte Alto (Baloncesto, SKate, lúdico-deportivo).

13/09/2022  •  Loos  •  Distrito 2

O Parque de Carlos Caseres e a zona verde arredor da cárcere, constitúen espazos abertos para múltipes usos e idades (nenos, terceira idade, paseo, exercicio, cans, etc), o que os converte es zonas de convivencia e seguras. O parque infantil é un espazo seguro e aberto para os nenos pequenos, que a medida que van crecendo demandan outros espazos, usos e actividades.

Esta proposta plantea a creación dun Espazo xuvenil nesta zona de Monte Alto, mediante a creación de canchas de baloncesto, pista deportiva ou futbol,  unha zona de skate, unha zona de graderío para a conversa de mozos, etc. 

Un espazo lúdico-deportivo, no que teñana cabida tamén actividades culturais enfocadas a mozos pero abertas a toda a cidadanía

Obra Diego AS en el paseo marítimo.

Museo al aire libre de arte urbano

20/09/2022  •  LuisP.  •  Distrito 2

El barrio de Monte Alto y alrededores está lleno de talleres de artistas de diferentes disciplinas (pintura, escultura, cerámica...) Crear un "museo" al aire libre de arte urbano sería una buena forma de potenciar ese espíritu artístico del barrio y darle luz y color a muchos muros y fachadas grises y descuidadas. Podría ser un aliciente más para el turismo en una zona ya de por sí con mucho atractivo: Domus, Museo Bellas Artes, Aquarium Finisterrae, Fundación Luis Seoane, y la Torre de Hércules con su parque escultórico. Tenemos muy buenos ejemplos de festivales cercanos que han logrado colocar en el mapa a pequeñas localidades vecinas (Ordes, Carballo o Cambre por ejemplo). No supondría un desembolso muy grande y creo que la reciente obra de Diego AS en el paseo marítimo es un buen ejemplo del éxito de iniciativas como estas. 

Arranxar o enreixado do CEIP Zalaeta

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 2

O enreixado do CEIP Zalaeta está moi deteriorado nalgunhas zonas debido ao óxido, chegando a desfacerse. Precisa dunha reforma que o arranxe, posto que van cativos de Infantil e Primaria.

Arranxar pavimento beirarrúas e calzada Rúa Angel Rebollo

26/09/2022  •  MartaSC  •  Distrito 2

Sendo unha das principais arterias de Monte Alto o estado de mantenemento do pavimento das beirarrúas e calzada de Angel Rebollo é excepcionalmente lamentable. Hai ocos, losetas levantadas, asfalto reparcheado, etc...os veciños non merecemos este estado de abandono.

cubrir a pista deportiva o ies durmideiras

14/09/2022  •  Anaimduarte  •  Distrito 2

Recentemente cambiouse o número de horas lectivas de clase de educación física. No inverno vaise dar a circunstancia de que non hai espazo cuberto suficiente para practicar a clase no instituto. Solicitamos cobertura do patio descuberto.

Exemplo en Carballo

Murais artísticos nas fachadas baleiras de Monte Alto

16/09/2022  •  pablo.otero  •  Distrito 2

Se Carballo, Ferrol, Ordes poden... por que non Monte Alto? O barrio ten decedas de facahadas valeiras, ocos de edificios sen construir con facgadas enormes e lisas que piden murais!  Poderíase potenciar a creatividade e dar  un impulso a numerosos artistas locais xestionando o cese das facahdas para diferentes murais.  Monte Alto podería convertirse nun barrio artístico mentras loita contra o feísmo. 

 

pistas deportivas e mesas de ping pong en monte alto e durmideiras

14/09/2022  •  Anaimduarte  •  Distrito 2

Solicitamos a instalación de pistas polideportivas como as de San Pablo, mariñeiros ou conservatorio no código postal 15002

Paso de peóns elevado en Ramón del Cueto

23/09/2022  •  JOSEG  •  Distrito 2

O cruce entre as rúas Ramón del Cueto e Curros Enríquez, ao carón do edificio da Cruz Vermella, é moi utilizado polos veciños de Montealto que baixan ao centro. Ao ser unha rúa costa abaixo en moitas ocasións os coches baixan a gran velocidade. É preciso instalar un paso de peóns elevado, semellante ao que se atopa máis abaixo ao carón do patio do Ceip de Zalaeta.

Praza Mercado Durmideiras

Estación de bici coruña eléctricas na Praza do Mercado de Durmideiras

17/09/2022  •  pamarana  •  Distrito 2

Foi promesa da Marea e do PSOE, e a menos de oito meses do fin de mandato, renováronse por toda a cidade e non se instalou nada en Durmideiras. Faise necesaria a colocación para facilitar o transporte sostible ao vecindario deste barrio, sen crear desigualdades con outros, e máis tendo en conta que a salida do barrio é a traves de pendentes pronunciadas ou prolongadas, e a bici eléctrica facilitaría esa saída. Ademáis do vecindario hai un instituto de secundaria e bacharelato, e o alumnado podería utilizar estas bicicletas para desprazarse pola cidade, xa que veñen de todas partes ao impartir ensinanzas exclusivas como o bacharelato artístico.