Na Coruña Contas

Volver

REPARACIÓN E ASFALTADO DE PISTAS E CAMIÑOS DO LUGAR DE ELVIÑA E CASTRO DE ELVIÑA

SilviasvCastro SilviasvCastro  •  26/09/2022  •  Distrito 9  • 

fotos
fotos

Código proposta de investimento: 4273

As pistas e camiños que as veciñas e veciños dos núcleos da parroquia de San Vicente de Elviña (Elviña e Castro de Elviña) empregamos para os nosos desprazamentos e actividades cotiás atópanse nun estado lamentable estando moitos deles sen asfaltar (por exemplo o camiño da felga) e os que se atopan asfaltados con grandes deficiencias. Polo que pedimos que se destinen orzamentos ao amaño destas vías de comunicación imprescindibles para toda a poboación que vivmos nesta zona. 

Proposta en nome de: AVV "Os Rexumeiros" de Elviña Castro

Informe de custo

A proposta é viable. Proponse mellorar a pavimentación dos camiños públicos da zona aumentando de ser posible a sección dos mesmos retirando a maleza. A pavimentación realizarase con asfalto. Reforzarase tamén a sinalización tanto vertical coma horizontal dos mesmos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos