Na Coruña Contas

Volver

Facer un tramo da Rúa Roma de sentido único

henrique henrique  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

Código proposta de investimento: 4266

O acceso aos colexios Andaina e Coruña British International School está normalmente colapsado nas horas de entrada e saída debido á cantidade de coches que acceden a través da Rúa Roma nos dous sentidos. No tramo diante desde segundo colexio, o atasco prodúcese debido a que os coches entran dentro do colexio, onde o espazo é moi limitado, para recoller á cativada formando unha cola que se estende até a estrada, bloqueándoa. Nesta cola, os coches que veñen de Andaina non poden adiantar porque bloquearían aos coches que veñen en sentido contrario.

Propoño que o tramo que vai desde Andaina até o Coruña British International School se faga de sentido único sendo unicamente posible circular en dirección á Avenida de Nova York en horario escolar. Isto podería implementarse poñendo unha sinal vertical de prohibido o paso, cunha indicación do horario habitual de entrada nos colexios: 8:30-9:30.

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos