Na Coruña Contas

Volver

A carreira de Obstáculos do Coliseum

Grumi Grumi  •  26/09/2022  •  Distrito 7  • 

Se non tropezo ou me atropelan, caio subindo ao bus
Se non tropezo ou me atropelan, caio subindo ao bus

Código proposta de investimento: 4248

Ir ao Coliseum, Expocoruña ou Carrefour dende Matogrande é un verdadeiro espectáculo sen sequera chegar. Os accesos á ponte tanto dende Matogrande como dende Carrefour teñen un chanzo que da medo pasar en cadeira de rodas, bicicleta, patinete ou a pe. Se non vas moi pendente o susto está garantido. Pero a carreira de obstáculos non termina, pois o camiño cara o coliseum está cheo de fochancas porque o chan non está ben acondicionado. Por se fora pouco, agarda-lo bus en calqueira das dúas paradas ao nivel da calzada e incómodo e perigoso, e dificulta enormemente o acceso ou o descenso do bus. Pensamos que elevar as paradas podería ser máis seguro e cómodo para todos. 

Proposta en nome de: GRUMICO. GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque non é competencia do Concello da Coruña, senon de Fomento. Está incluido no proxecto de Alfonso Molina.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos