Na Coruña Contas

Volver

Mellora da limpeza no barrio dos Castros

lorenaec lorenaec  •  25/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 4179

Dende hai uns anos para aquí a limpeza dos barrios, en concreto o dos Castros, é moi deficiente. Non hai barrendeiros polas rúas, non hai vehículos de limpeza (que sí se ven noutros barrios, no centro por exemplo), non hai limpeza das rúas a fondo nin a diario, a recollida do lixo é deficiente e sempre quedan restos tirados, vense ratas polas rúas de noite, non se poden dar dous pasos sin pisar excrementos dos cans...

Por isto propoño unha partida especial para tratar a limpeza dos barrios igual que se trata a limpeza do centro.

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque a limpeza non é un investimento senon gasto corrente.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos