Na Coruña Contas

Volver

Conexión dos carriles bici por Pza Lugo

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 4115

Cómpre tecer a malla ciclista para dar servizo a usuarias de bici / VMP.

Actualmente, para poder acceder/abandonar o carril bici do Paseo Marítimo implicaría invadir o carril runner e incorporarse á circulación por calzada, e non todxs xs usuarixs teñen a autoconfianza como para circular por unha vía na que os coches alcanzan velocidades moi por encima do máximo permitido.

Propoñemos que se conecten as infraestruturas ciclistas, gañando espazo á dobre fila, facendo máis amables e humanas unhas rúas cargadas de edificios asombrosos, pero sobre todo resolvendo a incorporación / abandono do Paseo Marítimo e conectándoo coa Praza de Ourense pola rúa Teresa Herrera e Praza de Lugo

Localización: Praza Pontevedra - Paseo Maritimo

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos