Na Coruña Contas

Volver

Eliminación de carrís de circulación

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 3  • 

Código proposta de investimento: 4111

Determinadas rúas contan cun número de excesivo de carrís de circulación, mesmo en espazos nos que non hai demanda de tráfico. Un exemplo claro é a rúa Payo Gómez, que na súa confluencia con rúa San Andrés conta con tres carrís de circulación. Isto resulta especialmente absurdo se temos en conta que rúa San Andrés só ten dous, polo que se poden dar colisións e nin sequera haber unha determinación clara de responsabilidades.

Polo tanto, propoñemos que se elimine un deses carrís de circulación, ampliando o espazo para o peón e mesmo poder contar con vexetación.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos