Na Coruña Contas

Volver

Re-urbanización da rúa Rafael Alberti

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 7  • 

1664013726201.jpg
1664013726201.jpg

Código proposta de investimento: 4108

A rúa Rafael Alberti conta con beirarrúas (públicas) estreitas e inaccesibles para persoas con mobilidade reducida ou carriños de bebé, tendo que utilizar soportais pertencentes aos edificios e, en moitos casos obrigando a cruzar de beirarrúas (sen lugares accesibles para cruzar)

Propoñemos continuar a mellora da accesibilidade executada hai uns anos á altura dos números 10 e 15 da citada rúa, e extendelo dende o principio da rúa (na pza Luis Seoane) ate o cruce con José Miñones Bernardez

Aproveitando o re-acondicionamento cambiaríamos os aparcamentos en liña por aparcamento en batería, alternando os lados habilitados para aparcar, formando chicanes ao longo da rúa e, así, reducindo a velocidade de tránsito que, actualmente, ao ser unha rúa totalmente recta, invita a conductorxs a non respectar o límite de 30Km/h

Localización: rúa Rafael Alberti

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos