Na Coruña Contas

Volver

Beirarrúas reais no Martinete e O Birloque

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 7  • 

Código proposta de investimento: 4104

O Martinete e O Birloque contan coas beirarrúas-xincanas máis entretidas da cidade: tramos nos que teñen un ancho non superior a 50 cm, tramos nos que desaparecen, agora se converte nunha especie de paso de peóns, despois hai unha entrada a un garaxe e é o peón quen baixa á altura da calzada e non o coche quen reduce velocidade, etc.

Dende Mobi-liza cremos que unha solución para acadar unhas beirarrúas reais sería a reordenación do tráfico nos viarios DP-0512 e Brañas de Someso, de tal maneira que ambos pasen a ser de sentido único e sexan opostos entre si. Sería preciso estudar as afectacións ás paradas dos buses 21, 23 e 23A para a mellor decisión con respecto ao sentido de cada unha delas. Ao ser de sentido único, gañaríase espazo para o peón, facendo que haxa beirarrúas en ambas marxes da calzada e que conten cun ancho que garanta a accesibilidade.

Cabería a posibilidade de incluír, ademais, un carril-bici bidireccional nalgún destes dous viarios.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque non é competencia do Concello da Coruña, senon da Deputación.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos